xoves, 2 de xaneiro de 2014

LECTURAS PARA TODA A FAMILIA.
Neste enlace podedes escoller lecturas para tod@s os membros da familia.Os máis novos pinchade no apartado de literatura infantil. 
Espéranvos mundos de maxia e aventuras!
 
http://www.ellibrototal.com/ltotal/

sábado, 7 de decembro de 2013

UN LIBRO PARA LER, COMPARTIR, DEBUXAR... CON CONTOS COEDUCATIVOS E UN ENLACE PARA LER PUBLICIDADE E FACER OS TEUS PROPIOS ANUNCIOS.

Deixovos un libro de contos coeducativos que podedes ler coas vosas familias. Cada conto tamén trae actividades que podes realizar so ou en compañía dos teus. 
Nestes momentos de crise (para as familias, os Reis Magos e Papá Noel) deixovos libros que podedes descargar  e dese xeito contribuir á economía familiar. Se non tedes internet, descargádeos no cole (sempre que vos deixen os vos@s mestr@s), nun ciber, na casa dun ami@... e logo, tranquilamente, os ledes no voso fogar. 
Con este xa son tres libros os que tes para ler. Este é moi sinxelo, con contos curtiños e fáciles de entender. ESPERO QUE VOS DIVIRTADES CON ÉL NO NADAL.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/convivenciaeigualdad/rr/pdf/cuentos.pdf

Neste outro enlace podes ler publicidade e realizar algunhas actividades. SEGURO QUE VOS GUSTA.
http://docentes.leer.es/wp-content/uploads/leer_publicidad/


martes, 26 de novembro de 2013

DOUS LIBROS PARA DIVERTIRSE, 
INCLUSO ÓS QUE NON LLE GUSTAN AS MATEMÁTICAS.
Podes descargalos ou leelos online.


http://luisamariaarias.files.wordpress.com/2013/11/el-diablo-de-los-nc3bameros-hans-magnus-enzensberger.pdf
http://luisamariaarias.files.wordpress.com/2013/11/matemc3a1tica-para-divertirse-martin-gardner.pdf

sábado, 9 de novembro de 2013

martes, 27 de agosto de 2013

COMEZO DO CURSO ESCOLAR



  O día 11 de setembro comezan as clases para Educación Infantil e Primaria. O alumnado ESO aínda dispón duns días mais de lecer e ten que asistir o 16 de setembro. 

      A todos/as os/as meus/miñas alumnos/as,  ILUSIÓN e ESFORZO para o novo curso escolar e para todos os que me coñecen e estiveron na miña titoría, MOITA SORTE NA VOSA ANDAINA.