luns, 26 de marzo de 2012

VISITA AO CASTELO DE VILLASOBROSO E AO CASTRO DE TROÑA

O próximo venres, 30 de marzo, imos facer a saída ao castelo de Villasobroso e ao castro de Troña. Aquí tendes algunas web onde podedes atopar información:
ESPERAMOS APRENDER MOITO E PASALO MOI BEN.
 

venres, 16 de marzo de 2012

PRIMEIRA XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE O ALUMNADO DO PROGRAMA DE REFORZO DO CPI DA RIBEIRA E O DO CEIP ANTONIO PALACIOS

     O xoves, día 22 de marzo, terá lugar  a primeira xornada de convivencia entre o alumnado dos programas de reforzo do CPI da Ribeira e o CEIP Antonio Palacios. Ao mediodía faremos un xantar  conxunto para continuar cunha visita guiada as instalacións do noso centro e rematar cunha sesión de xogos.
      Os obxectivos que nos propomos son:
  •      Mellorar as relacións entre o alumnado do mesmo barrio que acoden a centros próximos.
  •      Favorecer as relacións sociais no entorno próximo, a participación e colaboración fronte á competitividade e o individualismo característicos da sociedade actual.
  •   Potenciar a relación intercentros.

martes, 6 de marzo de 2012

CAMPAMENTOS (LANZADA, XUNTA) E ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. ANÍMATE E APÚNTATE.

No DOGA  do 5 de marzo de 2012  publicáronse as seguintes Ordes:
  • Orde do 29 de febreiro de 2012 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012. Campamentos de verán da Xunta. A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
    •  Acceso a toda a información en xuventude.net ou aquí.
    •  Podes elixir o teu campamento en función da túa idade
    • Destinatarios: nados entre os anos 1994 e 2003.
    • Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.
    • O prezo varía en función do campamento.
  • Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Pretende fomentar o coñecemento de idiomas co obxecto de que o alumnado galego adquira unha competencia plurilingüe.
    • Acceso a toda a información, orde, solicitudes...
    •  Destinatarios: alumnado de 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Superiores.
    • Prazo aberto desde o 6 de marzo ao 7 de abril.
    • O prezo varía segundo as circunstancias persoais.
 Tamén está aberto o prazo para solicitar os campamentos da Lanzada, organizados pola Deputación de Pontevedra. Podes acceder a toda a información desde aquí. Lembra que o prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de marzo, que poden participar os nados entre 1999 e 2004 (ambos incluídos) e que o prezo é de 68 €.

SOLICÍTAOS E VIVE AVENTURAS FANTÁSTICAS.