sábado, 7 de decembro de 2013

UN LIBRO PARA LER, COMPARTIR, DEBUXAR... CON CONTOS COEDUCATIVOS E UN ENLACE PARA LER PUBLICIDADE E FACER OS TEUS PROPIOS ANUNCIOS.

Deixovos un libro de contos coeducativos que podedes ler coas vosas familias. Cada conto tamén trae actividades que podes realizar so ou en compañía dos teus. 
Nestes momentos de crise (para as familias, os Reis Magos e Papá Noel) deixovos libros que podedes descargar  e dese xeito contribuir á economía familiar. Se non tedes internet, descargádeos no cole (sempre que vos deixen os vos@s mestr@s), nun ciber, na casa dun ami@... e logo, tranquilamente, os ledes no voso fogar. 
Con este xa son tres libros os que tes para ler. Este é moi sinxelo, con contos curtiños e fáciles de entender. ESPERO QUE VOS DIVIRTADES CON ÉL NO NADAL.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/convivenciaeigualdad/rr/pdf/cuentos.pdf

Neste outro enlace podes ler publicidade e realizar algunhas actividades. SEGURO QUE VOS GUSTA.
http://docentes.leer.es/wp-content/uploads/leer_publicidad/