martes, 9 de decembro de 2014

NATURNOVA E TALLER DE TEATRO

O alumnado de 5º visitou o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Naturnova en Vigo, onde se interesou por aspectos relacionados co noso medio ambiente.
Tamén realizou un taller de arte, no que aprendeu como se embalan as obras de arte e que aspectos debemos ter en conta cando observamos unha pintura. Mostrou moito interese polas distintas manifestacións artísticas e pasárono así de ben.