venres, 28 de outubro de 2011

O SAMAIN

A última e máis importante festa celta tiña lugar o 1 de novembro. Este día significaba o día de ano novo , e á súa vez indicaba que comezaba unha etapa: o inverno. O ano celta divídese en dous grandes períodos: o período de verán, que vai desde o Beltane (1 maio) ata o Samain (1 de novembro), e o inverno (desde o Samaín ata o Beltane seguinte).
 Durante a noite do 31 de outubro os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as baías do acivro dos troncos de aciñeiras e carballos, cunha fouce de ouro. E por que unha fouce de ouro? Moi sinxelo. Os celtas consideraban a este metal como un metal puro, e era xa que logo o único que se podía utilizar para estes quefaceres. Unha vez subidos ao tronco dun carballo ou aciñeira, os druídas cortaban baia por baia de acivro mentres recitaban uns mantras, que seguramente eran para atribuír máis poder ao acivro. Por desgraza, os druídas non deixaron restos escritos pois así, como dixo Xullo César "evitaban que o seu sistema de adestramento caese en mans do vulgo e, segundo, que os estudantes descoidasen o exercicio da súa memoria por confiar na palabra escrita".
Continuemos co rito: acto seguido depositaban esas baias nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Esta descrición deste ritual debémoslla ao historiador Plinio. Despois, esas baias tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas". Tamén diremos que é nesta festa onde os druídas poden comer carne de porco e beber viño, só esta noite.
Seguramente vos preguntaredes e o resto do ano? Para eles non estaba prohibido, pero si estaba moi "desaconsellado"; debemos recordar que os druídas eran unha caste sacerdotal, e que moito poder sobre o poboado. Eles eran os guías e os sabios e debían dar unha imaxe de serenidade e de respecto cara aos demais .
Como apunte final a esta festa celta, mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. O significado desta tradición neste pobo non o sei, pero que tivo repercusións noutras culturas como a galaica. Esta cultura tiñan nas encrucilladas
amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.
Deixovos un vídeo feito nouto cole que me pareceu moi divertido. Espero que vos guste.


domingo, 23 de outubro de 2011

Datos do centro e direccións facilitadas nas xornadas de acollida as familias

Datos do Centro:
CPI Da Ribeira.
         Polígono III-Torneiros s/n
         36410   O Porriño
         Teléfono: 986 33 34 84      Fax: 986 34 42 51
Páxina web: (neste momento aconsello visitar o espazo Abalar e os tutoriais para
                    as familias)

mércores, 19 de outubro de 2011

FINA CASALDERREY




Na inaguración da  BIBLIOTECA  do CPI Da Ribeira imos ter a sorte de contar coa presenza desta escritora. Convídovos a que saibades algo mais sobre ela nestas direccións:
 Open publication - Free publishing - More biografia

  En 6º lemos:  ¡Puag, que noxo!; Podesvir; O misterio dos fillos de Lúa; Desventuras dun lobo namorado; Ola, estúpido monstro peludo; Pesadelo no tren chocolate e Dúas bágoas por máquina. Que éxito!