luns, 22 de abril de 2013

HOXE É O DÍA DA TERRA. COIDALA ESTÁ NAS TÚAS MANS.



O día da Terra celébrase o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, da produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a TERRA.

domingo, 7 de abril de 2013

Campamentos de verán da Xunta e actividades formativas en linguas estranxeiras

  • No DOGA  do 2 de abril de 2013  publicouse a Orde do 21 de marzo de 2013 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013. A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
    •  Acceso a toda a información en xuventude.net ou aquí.
    • Destinatarios: nados entre os anos 1995 e 2004.
    • O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais a partir do 3 de abril.
    • O prezo varía en función do campamento.
  •  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estenderá a todo o ano as actividades formativas en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado, desestacionalizando un modelo de actuacións que están actualmente concentradas nos meses de verán. Pinche aquí para ter acceso a toda a información (importante ver as axudas para a realización das actividades). Os interesados poderán realizar a súa solicitude a través da dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle, onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes dos alumnos e alumnas que se beneficiarán das achegas, ou a través da sede electrónica da Xunta, no enlace web https://sede.xunta.es .O Diario Oficial de Galicia  publicou o 22 de marzo a convocatoria de estadías lingüísticas de verán, cuxo prazo de solicitude estará aberto do 23 de marzo ao 22 de abril –ambos os días incluídos-, con axudas a través das que a Consellería sufragará entre o 85 e o 40% do custo das estadías que realicen as alumnas e alumnos beneficiarios.