domingo, 27 de febreiro de 2011

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN COLONIAS DE VACACIÓNS 2011.

No BOE do 10 de febreiro de 2011 saíron convocadas as axudas para o Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións, para o verán de 2011.
No seu primeiro parágrafo di así: "El conocimiento de un idioma distinto del propio, contribuye de forma esencial a la formación integral del alumnado. Su aprendizaje se ha convertido en un objetivo fundamental de los sistemas educativos, tanto porque favorece la libre circulación y comunicación como por exigencias del mercado de trabajo."
Só co esta lectura todos os pais/nais/alumnos/alumnas tedes a xustificación precisa para solicitar as axudas, xa que si vola conceden tedes adxudicada unha praza.
Nestas colonias traballan sobre todo aspectos orais da aprendizaxe da lingua inglesa.
Destinatarios: alumnado de terceiro ciclo e primeiro de ESO.
Prazo de presentación: ata o 7 de marzo.
Lugar: calquera punto da xeografía española (hai 11 colonias distintas).
Duración: 15 días no mes de agosto.
Prezo: entre 50 e 200 € dependendo das circunstancias persoais das familias. O desprazamento corre a cargo dos pais/nais/titores, podendo recibir 90 € de  axuda nalgúns casos.
O modelo de solicitude figura na páxina Web: www.educacion.es a través dos siguientes enlaces: «Educacion/ Becas y Ayudas/ Becas y ayudas para estudiar/ Para estudiar Idiomas/ Colonias de verano en inglés». Pincha aquí e xa te levo directamente á páxina onde podes facer a solicitude, ler a convocatoria do BOE e as instrucións para solicitalo...
BOA SORTE E XA ME CONTARÁS.






CAMPAMENTOS DE VERÁN NA LANZADA 2011. ANÍMATE E APÚNTATE.

  • DESTINATARIOS
    • Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita a praza.
    • Nenos/as nacidos entre os anos 1998 e 2003 (ambos incluídos).
  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
    A documentación deberase entregar nas ofcinas da Cidade Infantil Príncipe Felipe ata o 7 de marzo:
    Á/A: Dirección Xerencia-Campamentos Avda. Montecelo, 12, 36161 Pontevedra (Tamén se pode entregar nas Oficinas Municipais de Información Xuvenil dalgúns Concellos, aínda que o prazo soe rematar antes ao precisar tempo para envialo ou levalo a Pontevedra).
  • PREZO
    O prezo será de 68 € por neno/a (máis 12 € opcionais para ir a Illa de Ons)
  • Tedes toda a información no seguinte enderezo:  http://www.depontevedra.es/?1,23680