xoves, 2 de xaneiro de 2014
sábado, 7 de decembro de 2013
UN LIBRO PARA LER, COMPARTIR, DEBUXAR... CON CONTOS COEDUCATIVOS E UN ENLACE PARA LER PUBLICIDADE E FACER OS TEUS PROPIOS ANUNCIOS.
Deixovos un libro de contos coeducativos que podedes ler coas vosas familias. Cada conto tamén trae actividades que podes realizar so ou en compañía dos teus.
Nestes momentos de crise (para as familias, os Reis Magos e Papá Noel) deixovos libros que podedes descargar e dese xeito contribuir á economía familiar. Se non tedes internet, descargádeos no cole (sempre que vos deixen os vos@s mestr@s), nun ciber, na casa dun ami@... e logo, tranquilamente, os ledes no voso fogar.
Con este xa son tres libros os que tes para ler. Este é moi sinxelo, con contos curtiños e fáciles de entender. ESPERO QUE VOS DIVIRTADES CON ÉL NO NADAL.
sábado, 9 de novembro de 2013
Manuais TICs
Presentación sobre como elaborar unha webquest
Manual para elaborar cuestionarios en Moodle
Manual para elaborar cuestionarios en Moodle
martes, 27 de agosto de 2013
COMEZO DO CURSO ESCOLAR
O día 11 de setembro comezan as clases para Educación Infantil e Primaria. O alumnado ESO aínda dispón duns días mais de lecer e ten que asistir o 16 de setembro.
A todos/as os/as meus/miñas alumnos/as, ILUSIÓN e ESFORZO para o novo curso escolar e para todos os que me coñecen e estiveron na miña titoría, MOITA SORTE NA VOSA ANDAINA.
sábado, 27 de abril de 2013
RECURSOS PARA AS CONMEMORACIÓNS (Magosto, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, Constitución e Estatuto de Autonomía, Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Nadal, Día da Paz, Día da Muller Traballadora, Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, Día Mundial da Saúde, Día Internacional da Infancia, Día Internacional da Infancia, Entroido, Semana da Prensa, Día Internacional do pobo xitano, Día do Libro, Día de Europa, Letras Galegas, Día Mundial do Medio Ambiente)
Na web do CPI da Ribeira dexámosvos enlaces e recursos para as conmemoracións que facemos ao longo do curso. O grupo de traballo Con tic go-Conticgo invítavos a facer uso deles, partindo da idea de compartir esforzos e material.
luns, 22 de abril de 2013
HOXE É O DÍA DA TERRA. COIDALA ESTÁ NAS TÚAS MANS.
domingo, 7 de abril de 2013
Campamentos de verán da Xunta e actividades formativas en linguas estranxeiras
- No DOGA do 2 de abril de 2013 publicouse a Orde do 21 de marzo de 2013 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013. A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
- Acceso a toda a información en xuventude.net ou aquí.
- Destinatarios: nados entre os anos 1995 e 2004.
- O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais a partir do 3 de abril.
- O prezo varía en función do campamento.
- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estenderá a todo o ano as actividades formativas en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado, desestacionalizando un modelo de actuacións que están actualmente concentradas nos meses de verán. Pinche aquí para ter acceso a toda a información (importante ver as axudas para a realización das actividades). Os interesados poderán realizar a súa solicitude a través da dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle, onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes dos alumnos e alumnas que se beneficiarán das achegas, ou a través da sede electrónica da Xunta, no enlace web https://sede.xunta.es .O Diario Oficial de Galicia publicou o 22 de marzo a convocatoria de estadías lingüísticas de verán, cuxo prazo de solicitude estará aberto do 23 de marzo ao 22 de abril –ambos os días incluídos-, con axudas a través das que a Consellería sufragará entre o 85 e o 40% do custo das estadías que realicen as alumnas e alumnos beneficiarios.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)