luns, 11 de marzo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Como ven sabedes este ano dedícaselle o día das letras galegas a Roberto Vidal Bolaño. Na aula virtual do CPI da Ribeira, no curso de letras galegas 2013, que está dentro da categoria de grupo de traballo 2012, déixovos un libro e un cuestionario sobre este dramaturgo, actor, director... Pincha aquí para acceder directamente.
Están pensados para o último ciclo de Educación Primaria.
No libro podedes entrar directamente, pero como na aula virtual non teñen acceso aos cuestionarios os convidados, tendes unha copia de seguridade que podedes restaurar na aula virtual do voso centro.
Se vos vale de algo usade este material, reformádeo...pero conservade a autoría do que xa está feito.
Grazas.

domingo, 13 de xaneiro de 2013

CONTRATO-PROGRAMA (PROA)

O CPI da Ribeira foi seleccionado para desenvolver, durante este curso académico, contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
   O programa acolle alumnos/as con necesidades de apoio educativo por medio de acompañamento escolar fóra do horario lectivo. Este ano aprobáronnos a ampliación do número de grupos, formándose 4 grupos en Primaria: 3º, 4º, 5º e 6º.
   Comenzamos o 10 de Xaneiro do 2013 e teremos clases os martes (das 16 as 17:40 h.) e os xoves (de 15:30 a 17:50h.).
   O alumnado fará uso do transporte escolar da ESO os martes. Os xoves o comedor será financiado para o alumnado transpotado e contarán cun servizo de autobús que os levará de volta a casa, ata as paradas solicitadas.
   As familias deben lembrar que no caso de que o seu fillo/a non asista algún día as clases de PROA teñen que notificalo con anterioridade.

   XUNTOS CONSEGUIREMOS O ÉXITO ESCOLAR.

DÍA DA PAZ- 30 DE XANEIRO


Déixovos algús enlaces para que celebredes e vivades a Paz cada día. 
VERSOS PARA A PAZ:
PARA LER: 
Na marxe esquerda deste blog tes enlaces para outras conmemoracións.

sábado, 8 de decembro de 2012

Froitas na escola

Do día 22 ao 26 de outubro repartíronse froitas aos escolares do noso centro. Participamos no Plan de consumo de consumo de froita na escola co obxectivo de incrementar o consumo de froitas e verduras entre o noso alumnado e para que interioricen a importancia dunha alimentación equilibrada e variada.
Para mellorar o coñecemento dalgunhas das froitas, o alumnado de 5º B ofrécennos estes traballos feitos con moito esforzo.


O amorodo
A frambuesa
A cereixa
A manga
A granada
A mazá

domingo, 25 de novembro de 2012


 CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA (6 de decembro)
    Os do 1º ciclo de primaria poden ser útiles para infanti



    Primaria e Secundaria



    Primaria e Secundaria

    Primaria e Secundaria.



xoves, 1 de novembro de 2012


DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA (20 de novembro)

  • Infantil e 1º ciclo de Primaria:





VARIOS:
Presentacións, documentos, contos e xogos. Recopilación de Orientación Andujar.