luns, 1 de outubro de 2012


O MAGOSTO: 

luns, 24 de setembro de 2012

O SAMAÍN: 
 

mércores, 5 de setembro de 2012

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR

O día 12 de setembro comezan as clases para Educación Infantil e Primaria. O alumnado ESO aínda dispón duns días mais de lecer e ten que asistir o 17  de setembro. 
      A todos/as os/as meus/miñas alumnos/as,  ILUSIÓN e ESFORZO para o novo curso escolar e para todos os que me coñecen e estiveron na miña titoría, MOITA SORTE NA VOSA ANDAINA.

martes, 10 de abril de 2012

Visita a Frinova

O mércores, 11 de abril, visitaremos a fábrica de Frinova ubicada no Polígono Industrial das Gándaras de O Porriño.
É unha empresa lider en España e Portugal na elaboración de produtos prefritos, empanados e rebozados ultraconxelados.
Nela observaremos o proceso de transformación das materias primas en produtos elaborados e analizaremos a que sector da economía pertenece.
Aquí tedes enlaces:
Esperamos aprender e disfrutar con esta saída.
 

luns, 26 de marzo de 2012

VISITA AO CASTELO DE VILLASOBROSO E AO CASTRO DE TROÑA

O próximo venres, 30 de marzo, imos facer a saída ao castelo de Villasobroso e ao castro de Troña. Aquí tendes algunas web onde podedes atopar información:
ESPERAMOS APRENDER MOITO E PASALO MOI BEN.
 

venres, 16 de marzo de 2012

PRIMEIRA XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE O ALUMNADO DO PROGRAMA DE REFORZO DO CPI DA RIBEIRA E O DO CEIP ANTONIO PALACIOS

     O xoves, día 22 de marzo, terá lugar  a primeira xornada de convivencia entre o alumnado dos programas de reforzo do CPI da Ribeira e o CEIP Antonio Palacios. Ao mediodía faremos un xantar  conxunto para continuar cunha visita guiada as instalacións do noso centro e rematar cunha sesión de xogos.
      Os obxectivos que nos propomos son:
  •      Mellorar as relacións entre o alumnado do mesmo barrio que acoden a centros próximos.
  •      Favorecer as relacións sociais no entorno próximo, a participación e colaboración fronte á competitividade e o individualismo característicos da sociedade actual.
  •   Potenciar a relación intercentros.

martes, 6 de marzo de 2012

CAMPAMENTOS (LANZADA, XUNTA) E ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. ANÍMATE E APÚNTATE.

No DOGA  do 5 de marzo de 2012  publicáronse as seguintes Ordes:
  • Orde do 29 de febreiro de 2012 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012. Campamentos de verán da Xunta. A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
    •  Acceso a toda a información en xuventude.net ou aquí.
    •  Podes elixir o teu campamento en función da túa idade
    • Destinatarios: nados entre os anos 1994 e 2003.
    • Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.
    • O prezo varía en función do campamento.
  • Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Pretende fomentar o coñecemento de idiomas co obxecto de que o alumnado galego adquira unha competencia plurilingüe.
    • Acceso a toda a información, orde, solicitudes...
    •  Destinatarios: alumnado de 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Superiores.
    • Prazo aberto desde o 6 de marzo ao 7 de abril.
    • O prezo varía segundo as circunstancias persoais.
 Tamén está aberto o prazo para solicitar os campamentos da Lanzada, organizados pola Deputación de Pontevedra. Podes acceder a toda a información desde aquí. Lembra que o prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de marzo, que poden participar os nados entre 1999 e 2004 (ambos incluídos) e que o prezo é de 68 €.

SOLICÍTAOS E VIVE AVENTURAS FANTÁSTICAS.

 

mércores, 29 de febreiro de 2012

martes, 14 de febreiro de 2012

RIGOBERTA MENCHÚ

Andrea López (6ºA) achéganos a Rigoberta Menchú, lider indíxena guatemalteca e defensora dos dereitos humanos

sábado, 11 de febreiro de 2012

IMAXES PARA A PAZ DESDE OS CONTRATO-PROGRAMA






O alumnado dos contrato-programa invitámosvos a sentir a PAZ desde
 estas imaxes.
Lembrando a Gandhi: Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.





luns, 2 de xaneiro de 2012

FELIZ 2012




     Trescentos sesenta e cinco días para  disfrutar da vida, para xogar, para rir, para soñar, para querer, para aprender, para ensinar, para ilusionarse...para ser FELIZ.
     BO ANO A TODOS/AS
E EN ESPECIAL AOS MEUS/MIÑAS ALUMNOS/AS E AS SÚAS FAMILIAS.


venres, 9 de decembro de 2011

luns, 21 de novembro de 2011

Traballo para os días 24 e 25 de novembro.

DÍA 24:
  • A primeira hora, en lengua, rematar as fichas. Os que teñan todo rematado collen o ordenador e fan os exercicios de lengua do tema 3 .
  • A terceira hora, en matemáticas, rematar as fichas pendentes. Os que teñan todo rematado collen o ordenador e fan os exercicios do tema tres de matemáticas.
  • Se non chego a  cuarta hora, facedes no ordenador os exercicios de coñecemento do tema 3. Y, N e N fan os que están en coñecemento AC, no tema A función de relación.
DÍA 25:
  • A segunda hora Andrea ten que continuar coa webquest do magosto.
  • A terceira hora, en coñecemento do medio, seguir traballando no ordenador os exercicios do tema 3. Y, N e N fan os que están e coñecemento AC, no tema: A función de relación. Se rematan intentan facer os de coñecemento de 6º.
  • Despois do recreo en matemáticas continuades a traballar no ordenador cos exercicios que vos falten.
  • Na área de educación para a cidadanía tedes que rematar as normas de comer e as biografías. Os que xa rematastes tedes que comezar coa webquest da Constitución (tedes todo explicado en educación para a cidadanía).























venres, 28 de outubro de 2011

O SAMAIN

A última e máis importante festa celta tiña lugar o 1 de novembro. Este día significaba o día de ano novo , e á súa vez indicaba que comezaba unha etapa: o inverno. O ano celta divídese en dous grandes períodos: o período de verán, que vai desde o Beltane (1 maio) ata o Samain (1 de novembro), e o inverno (desde o Samaín ata o Beltane seguinte).
 Durante a noite do 31 de outubro os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as baías do acivro dos troncos de aciñeiras e carballos, cunha fouce de ouro. E por que unha fouce de ouro? Moi sinxelo. Os celtas consideraban a este metal como un metal puro, e era xa que logo o único que se podía utilizar para estes quefaceres. Unha vez subidos ao tronco dun carballo ou aciñeira, os druídas cortaban baia por baia de acivro mentres recitaban uns mantras, que seguramente eran para atribuír máis poder ao acivro. Por desgraza, os druídas non deixaron restos escritos pois así, como dixo Xullo César "evitaban que o seu sistema de adestramento caese en mans do vulgo e, segundo, que os estudantes descoidasen o exercicio da súa memoria por confiar na palabra escrita".
Continuemos co rito: acto seguido depositaban esas baias nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Esta descrición deste ritual debémoslla ao historiador Plinio. Despois, esas baias tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas". Tamén diremos que é nesta festa onde os druídas poden comer carne de porco e beber viño, só esta noite.
Seguramente vos preguntaredes e o resto do ano? Para eles non estaba prohibido, pero si estaba moi "desaconsellado"; debemos recordar que os druídas eran unha caste sacerdotal, e que moito poder sobre o poboado. Eles eran os guías e os sabios e debían dar unha imaxe de serenidade e de respecto cara aos demais .
Como apunte final a esta festa celta, mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. O significado desta tradición neste pobo non o sei, pero que tivo repercusións noutras culturas como a galaica. Esta cultura tiñan nas encrucilladas
amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.
Deixovos un vídeo feito nouto cole que me pareceu moi divertido. Espero que vos guste.


domingo, 23 de outubro de 2011

Datos do centro e direccións facilitadas nas xornadas de acollida as familias

Datos do Centro:
CPI Da Ribeira.
         Polígono III-Torneiros s/n
         36410   O Porriño
         Teléfono: 986 33 34 84      Fax: 986 34 42 51
Páxina web: (neste momento aconsello visitar o espazo Abalar e os tutoriais para
                    as familias)

mércores, 19 de outubro de 2011

FINA CASALDERREY




Na inaguración da  BIBLIOTECA  do CPI Da Ribeira imos ter a sorte de contar coa presenza desta escritora. Convídovos a que saibades algo mais sobre ela nestas direccións:
 Open publication - Free publishing - More biografia

  En 6º lemos:  ¡Puag, que noxo!; Podesvir; O misterio dos fillos de Lúa; Desventuras dun lobo namorado; Ola, estúpido monstro peludo; Pesadelo no tren chocolate e Dúas bágoas por máquina. Que éxito!

xoves, 8 de setembro de 2011

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR

O día 12 de setembro comezan as clases para Educación Infantil e Primaria. O alumnado ESO aínda dispón duns días mais de lecer e teñen que asistir o 17  de setembro. 
      A todos/as os/as meus/miñas alumnos/as,  ILUSIÓN e ESFORZO para o novo curso escolar e para todos os que me coñecen e estiveron na miña titoría, MOITA SORTE NA VOSA ANDAINA.