No DOGA do 5 de marzo de 2012 publicáronse as seguintes Ordes:
SOLICÍTAOS E VIVE AVENTURAS FANTÁSTICAS.
- Orde do 29 de febreiro de 2012 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012. Campamentos de verán da Xunta. A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
- Acceso a toda a información en xuventude.net ou aquí.
- Podes elixir o teu campamento en función da túa idade
- Destinatarios: nados entre os anos 1994 e 2003.
- Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.
- O prezo varía en función do campamento.
- Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Pretende fomentar o coñecemento de idiomas co obxecto de que o alumnado galego adquira unha competencia plurilingüe.
- Acceso a toda a información, orde, solicitudes...
- Destinatarios: alumnado de 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Superiores.
- Prazo aberto desde o 6 de marzo ao 7 de abril.
- O prezo varía segundo as circunstancias persoais.
SOLICÍTAOS E VIVE AVENTURAS FANTÁSTICAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario